20 mayo 2006

Datos sobre el edificio de pisos sociales

En Mesoiro prevese un edificio de dez prantas con dous volúmenes paralelos á rúa, de 74,25 e 72,73 metros de longo respectivamente e un ancho de 10,65 metros cada un, cun patio común no medio de 8,70 metros. Esta solución de patio-rúa permite alixeirar o volume da edificación e facilita unha ventilación e soleamento superior a calquera outra solución

No edificio emprazaranse un total de 160 vivendas de promoción pública, das que 16 serán de dous dormitorios, 130 de tres dormitorios e 14 de catro dormitorios. Catro das vivendas de tres dormitorios estarán adaptadas para o seu uso por minusválidos.

Destas 160 vivendas, 144 serán adxudicadas pola Comisión Provincial de Vivenda coa lista que xa se está elaborando e as 16 restantes cederanse de forma gratuíta ó Concello de A Coruña, en contrapartida pola cesión do solo no que se constrúen.

Tal e como establece o Decreto que rexe a promoción pública, estas vivendas deberán ser destinadas polo concello a atender os casos de especial necesidade e preferentemente a familias con ingresos ponderados anuais totais inferiores a 1,5 veces o IPREM.

Actualmente está moi avanzada a redacción do proxecto de construción destas vivendas, polo que a s obras previsiblemente se licitarán antes do próximo verán.

Enlace: http://www.xunta.es

Google