Comunicado del BNG a esta asociación
Teño o pracer de enviarvos dúas iniciativas que presentamos no pasado Pleno Municipal, unha acerca da necesidade de tomar unha serie de medidas para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, e outra sobre a necesidade de impulsar políticas activas para relanzar o desenvolvemento económico da cidade da Coruña e a súa área de influencia.
Lamentabelmente estas iniciativas non prosperaron pola negativa do Goberno Municipal a apoialas.
Entendo que hai propostas positivas que deben estar á marxe da política de Partido e que deberían ser apoiadas con independencia de quen as formule. Esta é a única forma de concretar compromisos e de avanzar na resolución dos problemas.
Nos próximos días poñereime en contacto con vós para presentarvos outros proxectos.
Moción
Excmo. Sr. Alcalde do Concello da Coruña
O Grupo Municipal do BNG, a iniciativa do seu portavoz Henrique Tello León,ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal, presenta a seguinte moción, para o seu debate en Pleno, relativa a necesidade dun Relanzamento da Actividade económica na cidade da Coruña.
Exposición de motivos
Durante os últimos anos, a crise económica afectou de forma especial a determinadas
empresas radicadas no termo municipal da Coruña, que veu como se perdían miles de postos de traballo e actividade industrial e comercial na nosa cidade.
Son múltiples os exemplos que se poden adxuntar desta aseveración que facemos: declive do pequeño e mediano comercio coruñés, declive de certas actividades do Porto da Coruña (nomeadamente a pesca), peche da Fábrica de Tabacos; declive absoluto de Santa Bárbara; etc...
A esta situación compre engadir como factor negativo unha política municipal que
provocou unha reducción do solo industrial en beneficio da sua rcalificación como solo urbanizabel e unha carencia de políticas concretas encamiñadas a buscar a instalación na Coruña de novas empresas en sectores emerxentes que sustitúan a perda de industrias tradicionais.
O futuro da Coruña e das suas xentes depende en grande medida dun cambio no rumbo
desta orientación.
É por este motivo que se formula a seguinte Proposta de Acordo:
Acordo O Concello Pleno da Coruña, consciente da importancia que ten para a nosa cidade un relanzamento da sua actividade industrial acorda pór en marcha un Plano de actuación que permita a potenciación das industrias existentes e a ubicación na nosa cidade de industrias en sectores productivos emerxentes.
Neste sentido acordamos:
1. Desenvolver coa máxima urxencia e con carácter prioritario os Planos de actuación
previstos en desenvolvemento de solo industrial, nomeadamente o Polígono de Vío.
2. Prestar a máxima atención nos Orzamentos do ano 2007 ás infraestruturas e
desenvolvemento dos Polígonos industriais de Pocomaco e Agrela.
3. Potenciar mediante o encargo dun Proxecto no próximo ano a criación dun Polígono
industrial para a instalación de empresas relacionadas cos sectores productivos
emerxentes e co sector das Empresas relacionadas coas TIC, en relación e
colaboración coa Universidade da Coruña, co sector empresarial público e privado e
cos Concellos da Area Metropolitana.
4. Conservar todo o solo industrial existente na nosa cidade (nomeadamente o solar de
Santa Bárbara) ampliando este solo á ubicación nos novos polígonos de dependencias
empresariais de tecnoloxía limpa e relacionada coa investigación que necesitan un
espazo reducido para ubicarse.
5. Deseñar un Plano concreto de actuación con esta oferta para buscar a instalación na Coruña de novas empresas relacionadas con sectores productivos emerxentes.
A Coruña, 8 de Setembro de 2006
Asdo.: Henrique Tello León
Portavoz Grupo Municipal BNG
<< Home